martes, 1 de mayo de 2012

CARLOS CALLÓN FALOU DE DEREITOS LINGUISTICOS NO IES A SANGRIÑA:::



O presidente da MESA pola NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, Carlos Callón falou dos nosos dereitos lingüísticos na sala de Usos Múltiples o pasado 16 de abril.
           O pasado 16 de abril o noso centro acolleu unha charla do filólogo Carlos Callón quen nos animou a reflexionar sobre as desigualdades en canto ao dereito a falarmos na nosa lingua fronte ás facilidades para falar unha lingua maioritaria.

           Posteriormente Andre  e Borja Araújo realizáronlle unha entrevista para este blog.


        E xa pola tarde, o Art Café, foi o lugar onde Tino Vaz presentou ao noso convidado ante os veciños da Guarda coa finalidade de explicar os contidos do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

           Tino Vaz salientou que “vivir en consonancia coa defensa do noso idioma, segue segue a ser unha situación non normalizada que a veces deriva en situacións de conflito”, 

            Para Carlos Callón, só se é libre de escoller o idioma se escolles o español, e deu distintos exemplos das limitacións que se impoñen á nosa lingua, como, por exemplo, as publicacións periódicas.
           

No hay comentarios:

Publicar un comentario