De novo, o IES A Sangriña organiza o Certame de Poesía homenaxe á poeta, que foi profesora do instituto, Xela Arias Castaño. O acto literario celebrarase este ano na Libraría Ler da Guarda. Este ano contaremos coa escritora e profesora Olivia Pena para lembrar a importancia da poeta, tamén teremos a oportunidade de escoitar algún dos seus poemas acompañados pola música de Alfredo Garrido. Finalmente coñeceremos os poemas gañadores do certame e farase a entrega dos premios aos mozos e mozas poetas.
Desde a Dirección do IES A Sangriña convidámosvos a asisitir a este acto. As persoas que asistan recibirán un "agasallo poético".
Desde a Dirección do IES A Sangriña convidámosvos a asisitir a este acto. As persoas que asistan recibirán un "agasallo poético".
CATEGORÍA A (12 A 15 ANOS):
1º PREMIO: MARCELA PORTO MATO, alumna do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela.
2º PREMIO: NOELIA REY CANEDA, alumna do IES de Sanxenxo (Pontevedra).
MENCIÓN ESPECIAL: MARCELA PORTO MATO
CATEGORÍA B (16 A 20 ANOS):
1º PREMIO: ALBA SOUTO RODRÍGUEZ, alumna do IES Virxe do Mar de Noia (A Coruña)
2º PREMIO: PEDRO CAMPOS GARCÍA, alumno do IES Praia Barraña, Boiro (A Coruña)
3º PREMIO: ALBERTO MARTÍNEZ DOS SANTOS, alumno do IES Auga da Laxe de Gondomar (Pontevedra).
O xurado estivo formado polas seguintes persoas:
MANUEL ROSENDE TORRES. PROFESOR DE LINGUA GALEGA E LITERATURA.
Mª CRUZ RIVAS CARRERA. PROFESORA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA.
OLIVIA PENA ARIJÓN. ESCRITORA. PROFESORA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA.
MARISOL DIZ AMIL. BIBLIOTECARIA MUNICIPAL. SECRETARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL GUARDESA.
PILAR CARRO LOUREIRO. DIRECTORA DO IES A SANGRIÑA. COORDINADORA DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
Lembra que o acto literario de entrega de premios será este xoves día 21 ás 20:30 hrs. na libraría Ler (R/ Galicia, 16, A Guarda)